‘Amigos hasta la muerte’ segue a xirar por festivais

Dende a súa preestrea en marzo, o filme de Javier Veiga segue a presentarse nos festivais de cinema de todo o territorio. A derradeira destas proxeccións, na sesión inaugural da Mostra de Curtas Vila de Noia.
Marta Hazas e Javier Veiga na preestrea en Ourense de 'Amigos hasta la muerte'. Foto: Aigi Boga

O filme, protagonizado por Javier Veiga xunto a Marta Hazas e Mauricio Ochmann, fixo parada a pasada fin de semana na Mostra de Curtas Vila de Noia. A proxección da peza, á que asistiu o seu director e parte do elenco, inaugurou o programa da 24ª edición do certame.

A primeira longametraxe de Veiga como director e guionista recala na localidade coruñesa logo dun amplo percorrido por festivais de toda a xeografía española. Dende a súa preestrea no Festival de Málaga, o filme xirou polas seccións oficiais de numerosos certames cunha gran acollida. Entre eles, os festivais de cinema de Alacant, Santander ou Tudela.

Amigos hasta la muerte conta a historia de María, Nacho e Suso, tres amigos que levan toda unha vida compartindo experiencias persoais que os uniron e separaron ao longo dos seus anos de amizade. Con moitos plans todavía por diante, a súa relación troca cando de súpeto teñen que convivir co segredo da enfermidade terminal dun deles.

Coproducida por Undodez e Medio Limón, a comedia continúa co seu percorrido polas pantallas de todo o territorio. A seguinte parada será na 22ª edición do Festival Internacional de Cine de Almería, certame que se celebra na cidade andaluza do 17 ao 26 de novembro.

Portada » Caderno » ‘Amigos hasta la muerte’ segue a xirar por festivais

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.