Arrincamos coa produción de ‘Bibopalula’, unha serie de animación en galego para primeiros espectadores

O noso novo proxecto segue a liña iniciada con 'Bechos', a nosa primeira produción animada e destinada para a nenez que vén de estrearse na Televisión de Galicia. Os ciclos da natureza e a música serán dous dos motores destas historias protagonizadas por catro paxaros.
Pegui, Merli, Robin e Carpin son os protagonistas de 'Bibopalula'.

Nestes días comezamos o proceso de produción do noso novo proxecto: Bibopalula, unha serie de animación feita en galego e pensada para primeiros espectadores. Os capítulos xirarán arredor de catro paxaros que teñen unha banda de música e que darán conta de moitas historias relacionadas cos ciclos da natureza. As súas aventuras descubriranlle ao público máis pequeno un mundo novo que se esconde entre as ramas, as nubes e o ceo.

Desta forma continuamos un camiño iniciado con Bechos, a nosa primeira serie animada orientada á nenez e producida para a Televisión de Galicia, que vén de estrearse nos últimos meses. A aposta de Undodez por crear contidos audiovisuais pensando nos máis cativos e cativas ten así continuidade con Bibopalula, un proxecto que conta subvención da Xunta de Galicia a través das axudas da Agadic á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

O equipo encargado da serie tamén responde a outra das liñas mestras de Undodez: ofrecer contidos en galego producidos por profesionais do país. Bibopalula está deseñada e dirixida por Laura Mahía, mentres que os guións corren a cargo de Andrés Mahía. Ademais, cada un dos episodios contará coa supervisión pedagóxica de Patricia Castrillón e cunha canción orixinal composta por Santi Jul e Iván Laxe.

Portada » Caderno » Arrincamos coa produción de ‘Bibopalula’, unha serie de animación en galego para primeiros espectadores

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.