‘Bechos’ súmase á nova app do Xabarín!

A nosa serie de animación para primeiros espectadores é un dos contidos dispoñibles na nova plataforma da CRTVG para o público máis cativo
A nosa serie de animación para primeiros espectadores, 'Bechos', xa está dispoñible na nova app do Xabarín.

A nosa serie de animación para primeiros espectadores, ‘Bechos’, xa está dispoñible na nova app do Xabarín que vén de estrear a CRTVG. A aplicación pódese descargar en Google Play e App Store, mais tamén é posible acceder aos seus contidos a través da súa páxina web.

Este espazo enmárcase no lanzamento de AGalega, unha plataforma dixital de contidos audiovisuais que viu a luz este mércores e que xa inclúe outras producións de Undodez como a serie ‘Nosoutras’. En total hai máis de 1.400 títulos de primeiro nivel entre os que se inclúen filmes, series e programas recoñecidos polo público.

Desta forma, ‘Bechos’ suma unha nova ventá de visualización que se engade ás que xa estaban na rede, como son a canle de Youtube da TVG e a páxina web da CRTVG. Alén destes sitios, o proxecto conta co espazo bechos.gal onde están dispoñibles todos os episodios e máis información da serie.

Portada » Caderno » ‘Bechos’ súmase á nova app do Xabarín!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.