‘Bibopalula’ convoca ás nenas e nenos da Coruña este sábado ao mediodía

A través dunha mensaxe de Carpin e Robin nas redes sociais convidan ás familias a asistir aos Xardíns de Méndez Núñez para un "anuncio importante".

Bibopalula, a primeira serie musical de debuxos en galego, publicou nas redes sociais un vídeo no que Carpin e Robin animan ás nenas e nenos da Coruña a asistir este sábado, ás 12.00, aos Xardíns de Méndez Núñez (xunto ao palco da música), para un anuncio importante.

Na mensaxe Robin asegura que asistirá, e que levará un agasallo para todas as nenas e nenos que queiran achegarse. Un dos personaxes máis queridos da Banda do Bosque xa protagonizou durante os últimos meses distintas accións na Coruña, Vigo, Carballo ou Pontevedra.

Portada » Caderno » ‘Bibopalula’ convoca ás nenas e nenos da Coruña este sábado ao mediodía

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.