Bibopalula estará no Kidscreen Summit, en San Diego

Undodez será a única empresa galega que formará parte da delegación de España nun dos mercados de contidos infantís máis relevantes do mundo.
Bibopalula percorrerá diferentes mercados e festivais ao longo do 2025.

A serie de animación creada por Andrés Mahía e Laura Mahía, e que Undodez produce xunto coa Televisión de Galicia, inicia no mes de febreiro o seu percorrido por diferentes festivais e mercados internacionais para chegar a novos territorios e linguas. O Kidscreen Summit de San Diego (California, EE.UU.) contará cunha delegación da produtora galega -a única da nosa comunidade que asistirá- como parte da misión do Icex.

Bibopalula estreouse o pasado mes de novembro en Xabarin.gal, a plataforma de entretemento da Televisión de Galicia, converténdose no contido máis visto desta canle dixital. Desde entón, a Banda do Bosque está presente en diferentes medios e soportes para promocionarse entre as familias galegas, cunha campaña de difusión en prensa dixital e en papel, publicidade exterior, ou accións en colaboración co Celta e o Deportivo, ou en redes sociais con diferentes influencers galegas e galegos.

No Kidscreen a delegación de Undodez explorará posibilidades de distribución da serie en distintos territorios e idiomas, tendo en conta os valores universais sobre os que foi creada, entre os que destacan a música e a aprendizaxe sobre o medio natural.

O Kidscreen Summit é un dos grandes mercados mundiais da industria de contidos de entremento infantil. Á pasada edición asistiron máis de 1.800 delegados de 50 países, entre produtoras, axentes de vendas, distribuidoras, canles de televisión e plataformas.

Portada » Caderno » Bibopalula estará no Kidscreen Summit, en San Diego

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.