Films From Galicia inclúe ‘Bibopalula’ entre as producións galegas deste 2024

O catálogo achega en inglés as producións máis destacadas de cara ao 2024, buscando a internacionalización do audiovisual galego nos principais mercados do sector. 'Bibopalula', que actualmente está en fase de produción, verá a luz na segunda metade do ano.
Carpin, Robin, Meli e Pegui son os membros da Banda do Bosque, protagonista de 'Bibopalula'.

A Agadic participou no European Film Market de Berlín, o mercado audiovisual paralelo á Berlinale, onde presentou o novo catálogo Films from Galicia de 2024, integrado por 75 títulos galegos para cine e televisión.

Films from Galicia é a marca creada pola Xunta, no marco do programa de internacionalización do audiovisual galego, para contribuír á promoción exterior da produción cinematográfica e televisiva galega, así como para reforzar a súa presenza nos principais mercados do sector, tanto dentro como, especialmente, fóra de España. Dentro deste catálogo, agrupado por longametraxes de ficción, documentais, animación e televisión, atopamos ‘Bibopalula‘, a nova produción de Undodez para primeiros espectadores, que se atopa neste momentos en fase de produción avanzada.

‘Bibopalula’ é unha serie de animación musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos. Está composta de historias de cinco minutos protagonizadas por uns paxariños que teñen un grupo musical e nas que a natureza —e os seus ciclos— ocupa sempre un lugar principal. Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual.

Dirixida por Laura Mahía, a serie constará de 55 episodios de 5 minutos nos que a música e os ciclos da natureza son os protagonistas. Iria Lamas, Marta Lado, Laura Mahía, Marita Martínez e Melania Cruz poñen as voces dos personaxes principais de ‘Bibopalula’. A serie, que conta co apoio da Agadic e a participación da Televisión de Galicia, verá a luz na segunda metade de 2024.

Films from Galicia 2024

Vídeo promocional do catálogo ‘Films from Galicia’ do ano 2024.

Portada » Caderno » Films From Galicia inclúe ‘Bibopalula’ entre as producións galegas deste 2024

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.