‘Bibopalula’, ‘Recollendo Músicas’ e ‘Nosoutras’, finalistas nos XXIII Premios Mestre Mateo

As tres producións de Undodez suman un total de cinco candidaturas nas categorías de mellor serie, mellor programa e mellor realización.
A Deputación de Pontevedra acolleu a lectura de finalistas. Foto: Aigi Boga

Pontevedra acolleu na mañá deste xoves a lectura de finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo, que se celebrarán en Lalín o 15 de marzo. Susana Sampedro e David Machado foron encargados de desvelar as producións e profesionais que competirán nesta edición dos galardóns organizados pola Academia Galega do Audiovisual.

As tres producións de Undodez suman un total de cinco candidaturas finalistas: ‘Bibopalula’, a primeira serie musical de animación en galego, opta ao premio a mellor serie de televisión. Había dezaoito anos que unha serie de animación non era finalista na categoría de mellor serie de televisión, o que supón un novo fito na curta pero exitosa traxectoria da serie dirixida por Laura Mahía, que competirá con ‘Rapa’, ‘Clanes’ e ‘El circo de los muchachos’.

A proposta de exploración musical ‘Recollendo músicas’, dirixida por Saúl Rivas e Borja Casal, é finalista como mellor programa e mellor realización –Adolfo Fernández-. Competirá co programa divulgativo ‘Nosoutras’, tamén nas categorías programa e realización -Jairo Iglesias-.

Ademais, Lucía Veiga aspira ao premio á mellor interpretación feminina protagonista polo seu papel en ‘Na Gloria’, un proxecto compartido de Undodez e Tex45.

O director de produción e produtor de Undodez, Javi Lopa, é tamén finalista na categoría de mellor dirección de produción polo seu traballo en ‘+ Cuñados’, xunto con Ana Míguez.

Portada » Caderno » ‘Bibopalula’, ‘Recollendo Músicas’ e ‘Nosoutras’, finalistas nos XXIII Premios Mestre Mateo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.