‘Bibopalula’ viaxa ao mundo da man de Digitoonz Spain

A serie de animación producida por Undodez e a Televisión de Galicia será distribuída internacionalmente pola filial europea do estudo Digitoonz Media & Entertainment, un dos principais referentes globais da animación infantil.

Exposición de 'Bibopalula' no XXVI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Foto: Aigi Boga

A expansión internacional de Bibopalula dá un novo paso adiante. A serie preescolar creada por Laura Mahía e Andrés Mahía e producida por Undodez en coprodución coa Televisión de Galicia será distribuída a nivel global por Digitoonz Spain, a filial europea do estudo indio Digitoonz Media & Entertainment, unha compañía con ampla traxectoria no mercado internacional de contidos infantís.

O acordo, anunciado no marco previo ao mercado de animación MIFA 2025, consolida a presenza internacional de Bibopalula e abre novas portas á animación galega no contexto global. A serie, composta por 55 episodios de 5 minutos, narra as aventuras da Banda do Bosque, un grupo de catro paxariños que descubren o valor da amizade, a empatía e o respecto pola natureza a través da música. Cada capítulo culmina cunha canción orixinal, que reforza o seu carácter educativo e musical.

A distribución internacional estará incluída dentro da estratexia global da compañía, que trata de impulsar contidos con identidade local e proxección internacional. A produtora destaca en Bibopalula unha proposta fresca, inclusiva e musical, con capacidade para conectar co público infantil en diferentes linguas e plataformas, consolidándoa como un activo clave dentro da súa liña internacional.

O acordo reforza o posicionamento de Bibopalula como un produto diferencial no contido preescolar, e pon en valor a súa combinación de humor, emoción e eduación ambiental, así como o seu potencial para acadar novos mercados en canles públicos, espazos educativos e plataformas dixitais de todo o mundo.

Estreada en novembro de 2024 en Xabarín.gal, a plataforma infantil da TVG, Bibopalula é a primeira serie musical de animación en galego. Desde entón, vén desenvolvendo un universo transmedia que inclúe un libro infantil, espectáculos en vivo, e presenza en plataformas dixitais como Spotify e YouTube. Este acordo con Digitoonz marca un novo fito na expansión internacional do proxecto e reafirma o compromiso de Undodez coa proxección exterior da animación feita en Galicia.

Portada » Caderno » ‘Bibopalula’ viaxa ao mundo da man de Digitoonz Spain

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.