Gran estrea de ‘Nena’ no Castelo Conta

A Eira do Ferrador acolleu a estrea da curtametraxe no festival Castelo Conta. Os protagonistas compartiron as súas experiencias cos veciños.
Xosé A. Touriñán presenta 'Nena' ao público de Castelo. Foto: Aigi Boga

O festival Castelo Conta foi o escenario elixido para a estrea de ‘Nena’, curtametraxe dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias. A Eira do Ferrador, no lugar de Xalo, en Castelo (Culleredo) acolleu un pase moi especial ao que asistiron os protagonistas do filme. O lugar ten especial relevancia xa que é a parroquia na que naceu e vive Touriñán, quen escribiu esta historia sobre a perda e os afectos protagonizada por unha nena que ten que asumir un papel que non lle corresponde por idade.

Na estrea, Touriñán quixo agradecer a todo o equipo do filme por facer posible a rodaxe desta curta, así como a Deleite, o Concello de Mondoñedo e Agadic; polo seu apoio. Carlos Blanco, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón e Antía Touriñán compartiron despois da proxección as súas primeiras impresións, marcadas pola emoción de ver ‘Nena’ proxectada entre tantos amigos e veciños.

Ao finalizar, Belém Tajes, autora da banda sonora, ofreceu un concerto que puxo o peche a unha noite moi especial.

Portada » Caderno » Gran estrea de ‘Nena’ no Castelo Conta

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.