‘Nena’ segue sumando recoñecementos

A curtametraxe dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias acumula 10 premios e máis de 30 seleccións en festivais de todo o mundo.
Antía Touriñán protagoniza esta curta xunto a Carlos Blanco, David Perdomo e Xosé A. Touriñán. Foto: Aigi Boga

Menos dun ano despois da súa estrea, ‘Nena’ non deixa de dar alegrías. A curta protagonizada por Antía Touriñán xunto a Carlos Blanco, David Perdomo e Xosé A. Touriñán vén de recibir tres premios nas últimas semanas. No Firm Film Festival de Valladolid, gañou o premio á Mellor Curtametraxe de Ficción e o Premio do público. Pola súa banda, o FICCI-ON de Ciudad Rodrigo, concedeu a ‘Nena’ a mención especial do xurado.

Estes últimos premios súmanse a unha lista que xa vai polas dúas cifras e que levou esta historia orixinal de Touri por todo o mundo. A curta fala dos coidados e das cargas que recaen, moitas veces, en aquelas que precisarían que as coidasen máis que coidar.

Polo momento, a curtametraxe seguirá polo circuíto de festivais onde está recibindo tan boa acollida. A canción orixinal foi composta por Belém Tajes, e podes escoitala aquí.

Tráiler

Portada » Caderno » ‘Nena’ segue sumando recoñecementos

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.