‘Nena’ volve a Mondoñedo

As primeiras imaxes desta peza producida por Undodez e Mordisco foron proxectadas á veciñanza que participou da súa creación. A curta protagonizada por Antía Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e Touriñán foi rodada o pasado verán e estrearase na primeira parte deste ano

O pasado 28 de decembro, compartimos unhas primeiras imaxes da aínda inédita curtametraxe Nena foron coas veciñas e veciños de Mondoñedo. Alí desenvolveuse a rodaxe o pasado verán e tanto a veciñanza, coma o Concello e os comerciantes involucráronse neste proceso que tivo por escenarios a parroquia da Coubeira e o centro histórico mindoniense.

Nena fala de perda e tamén de afecto, dos coidados e do xénero; conta unha historia ideada por Xosé A. Touriñán dende hai tempo que rematou por escribir durante o confinamento. Nesta primeira parte do 2023 terá lugar a estrea oficial e arrinca tamén o seu percorrido polos festivais especializados.

Os protagonistas desta historia son Antía Touriñán (a “nena” que dá nome á curta), Carlos Blanco, David Perdomo e o propio Touriñán (o avó, o tío e o pai da nena, respectivamente). Entre os personaxes secundarios, Antía está acompañada do seu irmán Andrés, que ten un pequeno papel. O resto do elenco complétano Noemi Rodríguez, Rubén Prieto, Patricia Castrillón, Andrés Mahía, Octavio Villazala e Sergio Zearreta. Esta produción de Undodez e Mordisco conta co apoio da Agadic.

Portada » Caderno » ‘Nena’ volve a Mondoñedo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.