Undodez estrea novas oficinas na Coruña

O equipo da produtora traballa desde comezos deste ano nunha nova sede na rúa María Puga Cerdido, no barrio de Matogrande, deseñada polo arquitecto César García Piñeiro, do estudio ELÓ? e director da Mostra de Arquitectura Rural MARCO, en Vedra.
Sala de reunións no segundo andar das novas instalacións. Fotografía: Aigi Boga.

Undodez e Ainé estrean novas instalacións no barrio coruñés de Matogrande. Desde comezos deste ano o equipo das produtoras concentra a súa actividade nunhas novas oficinas de dúas prantas no número cinco de María Puga Cerdido, a pé de rúa, onde desenvolven o traballo diario as áreas de administración, contidos, comunicación e parte do equipo de produción.

O estudio ELÓ?, dirixido polo arquitecto César García Piñeiro, tamén responsable da Mostra de Arquitectura Rural MARCO, é o autor dun proxecto de reforma no que traballaron desde o pasado outono diferentes empresas locais: a carpintería Alfonso García González, Cristalería Bello (carpintería metálica e cristais), Iván Mira (albanelería), Aplidec2003 (pintura e aplicacións), Clifrimen (climatización), Sagova (electricidade) e Mástil (rotulación).

As novas instalacións contan cun espazo aberto con doce postos de traballo na planta baixa, e de dúas salas de de reunións e traballo na planta superior. O local conta coas medidas máis avanzadadas de eficiencia enerxética, e con luz natural tanto desde a fachada como no interior.

Unha pantalla de 100 pulgadas recolle, ademais, a actualidade relacionada co traballo das produtoras na entrada das oficinas, sumando un novo soporte de comunicación.

A sede principal de Ainé e Undodez compleméntase coas instalacións da produtora no Polígono Industrial de Bergondo, con almacén e oficinas (seis postos de traballo, espazo de reunións e ensaios), onde traballa cada día parte do equipo de produción.

Portada » Caderno » Undodez estrea novas oficinas na Coruña

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.