Unha de romanos para a promoción turística da Coruña

Javier Veiga e Xosé A. Touriñán protagonizan 'Coruña Vadis', unha curtametraxe de Medio Limón en colaboración con Undodez estreada esta fin de semana polo Concello da Coruña, que segue os pasos de 'Ao noroeste do Oeste'.
Xosé A. Touriñán e Javier Veiga, durante a rodaxe na praia do Orzán. Foto: Aigi Boga

Varios séculos antes da visita á Coruña dos foraxidos máis coñecidos ao noroeste do Oeste, Javier Veiga e Xosé A. Touriñán xa estiveran aos pés da Torre de Hércules, na praia de Riazor, e mesmo planificaran a visita á cidade dalgúns dos grandes emperadores.

Coruña Vadis circula xa por grupos de WhatsApp e publicacións compartidas en redes sociais de centos de coruñesas e coruñeses. É a nova proposta do Concello para contar polo mundo todas as virtudes da cidade na que se ubica o faro máis antigo do mundo en funcionamento, en cuxa construción participou o escravo Cayo -Xosé A. Touriñán-.

Publicado este venres á noite nas redes sociais municipais, suma xa decenas de miles de reproducións. Producido por Medio Limón, a produtora de Javier Veiga -tamén director do anuncio-, en colaboración con Undodez, contou cun equipo de máis de trinta profesionais, maioritariamente galegos.

Carlos Pérez Gascó é o director de fotografía da curtametraxe, Alfred Tapscott o autor da música orixinal, Isabel Vila a autora dos grafismos, Andrea Pozo a encargada da dirección de arte, e Laura Canto a directora de produción. A peza contou tamén coa actriz Lucía Veiga para a voz en off, e foi rodada nas primeiras semanas de xaneiro na cidade.

Portada » Caderno » Unha de romanos para a promoción turística da Coruña

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.