Chega a AGalega ‘Recollendo Músicas’, un programa para coñecer o influxo dos sons tradicionais nas músicas actuais

Producido en exclusiva para a plataforma da Televisión de Galicia, ‘Recollendo Músicas’ explora a pegada dos ritmos tradicionais galegos nas bandas e artistas actuais. Os dous primeiros capítulos estarán dispoñibles o xoves 10 de outubro en AGalega.gal, e cada xoves haberá dous novos de estrea.
A pegada dos sons e ritmos tradicionais nos grupos actuais é o fío condutor do programa.

AGalega, a plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia estrea este xoves, día 10 de outubro, Recollendo Músicas, un novo formato que explora a pegada dos sons e os ritmos tradicionais nas músicas actuais. Cunha concepción e estilo visual pensados para a súa distribución en plataformas, Recollendo Músicas busca o influxo que as nosas músicas tradicionais teñen nos ritmos, sons e na produción de artistas e bandas actuais.

A música galega está vivindo un momento de gran popularidade e, moitos dos artistas e formacións, actualizan ou incorporan nas súas propostas ritmos, sons, samples… de melodías e cancións populares. Recollendo Músicas indaga neste fenómeno da man dos seus protagonistas.

Ao longo de dez episodios, o formato achega a visión persoal dos artistas arredor das nosas músicas de raíz, compoñendo unha visión de conxunto que nos axuda a comprender mellor o gran momento que vive a música galega tanto a nivel creativo como de públicos.

Achergarnos ás nosas músicas desde a actualidade

Recollendo Músicas é unha exploración pola pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais. Coñecemos diferentes propostas de artistas e grupos que manteñen viva a nosa tradición a través de novas linguaxes e sonoridades modernas.

Os primeiros protagonistas serán a cantora Belém Tajes e os Comando Curuxás. A estrea será este xoves 10 de outubro, saíndo dous episodios novos cada semana. Alana, Nebra, Breo, Lontreira, Moura, Abril, Carme López e Carabela son os protagonistas desta primeira temporada. Todos os capítulos estarán en aberto na plataforma AGalega, dispoñible para Smart TVs, Android, iOS e na web.

Portada » Caderno » Chega a AGalega ‘Recollendo Músicas’, un programa para coñecer o influxo dos sons tradicionais nas músicas actuais

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.