Recollendo Músicas é unha exploración pola pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais. Coñecemos diferentes propostas de artistas e grupos que manteñen viva a nosa tradición a través de novas linguaxes e sonoridades modernas.
Recollendo Músicas
Cultura
Undodez para a Televisión de Galicia
Recollendo Músicas
Noticias relacionadas

Poñemos en común cos grupos o traballo feito nesta primeira temporada como pide a música: en comunidade.
'Recollendo Músicas' está dispoñible en AGalega.gal, a plataforma dixital da Televisión de Galicia.
'Recollendo Músicas' está dispoñible en AGalega.gal, a plataforma dixital da Televisión de Galicia.

Este xoves chega a AGalega.gal o programa “Recollendo músicas”, un contido exclusivo da plataforma dixital que explorará a pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais. Os espectadores coñecerán diferentes propostas de artistas e grupos que manteñen viva a nosa tradición a través de novas linguaxes e sonoridades modernas.

AGalega, a plataforma de contidos dixitais da Televisión de Galicia estrea este xoves, día 10 de outubro, Recollendo Músicas, un novo formato que explora a pegada dos sons e os ritmos tradicionais nas músicas actuais.

O formato indaga no impacto do legado da música tradicional nos artistas máis novos

O 10 de outubro estrearanse dous capítulos, que terán como protagonistas a Belem Tajes e Comando Curuxás, respectivamente, e cada semana poranse á disposición dos usuarios dúas novas entregas.