‘Nena’ viaxa a América este verán

A curtametraxe dirxida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias será proxectada nos Estados Unidos e no Canadá. 'Nena' acumula xa máis de 30 seleccións por todo o mundo desde que comezou a súa andaina polo circuíto de festivais.
Os protagonistas de 'Nena' naunha das secuencias da curtametraxe. Foto: Aigi Boga

Nena xa ten viaxado moito mais aínda non visitara América do Norte. A curta terá as súas primeiras proxeccións nos Estados Unidos e o Canadá este verán. Nesta semana, participará no programa de curtametraxes internacionais do Frozen Film Festival de San Francisco. Este programa, composto por trece producións, será o encargado de inaugurar a 18ª edición deste certame que se celebra no corazón da cidade californiana.

No mes de agosto, Nena viaxará á outra punta do continente, á pequena localidade de Percé, no leste do Quebec, no Canadá. O festival Les Percéides celebrará a súa 5ª edición do 19 ao 25 de agosto, cun amplo programa de cinema e artes, composto por curtametraxes e longametraxes internacionais e tamén con ampla participación da vila.

A curta leva dadas moitas alegrías desde a súa estrea no verán de 2023. Nena comezou axiña a obter seleccións e premios en festivais en toda Europa. Agora, agardamos seguir esta boa xeira na que acumula 12 premios e máis de 30 seleccións en festivais e mostras de cinema.

Portada » Caderno » ‘Nena’ viaxa a América este verán

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.