Nena é unha curtametraxe que nos achega unha realidade social e cultural coa que conviven moitas familias. Unha peza audiovisual que afonda na perpetuación dos roles de xénero na esfera privada, se cadra, máis notorios que na pública; sobre as consecuencias de eludir responsabilidades e sobre o valor do compromiso.

Esta curtametraxe supón o debut na dirección de Xosé A. Touriñán, quen tamén protagoniza esta peza xunto coa súa filla Antía, Carlos Blanco e David Perdomo. Unha historia que fala da perda e dos afectos desde o punto de vista dunha nena de 12 anos. Un relato que, se apoia na comedia para falarnos de traxedia. Unha contraposición de termos que emprega o humor como valor engadido, como un recurso máis no medio dunha aprendizaxe cotiá e sen límites, implícita no mero feito de vivir. Nena é un convite á reflexión crítica, mais tamén á posibilidade de facelo dun xeito humano e desdramatizado.

Nena

Undodez e Mordisco Films
Dirixido por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias

Ficción

Onde velo

Noticias relacionadas

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.