Presentamos ‘Bechos’ no Castelo Conta!

A serie para primeiros espectadores está xa dispoñible na app do Xabarín e na canle de Youtube da Televisión de Galicia.
Un momento da presentación. Foto: Aigi Boga

Estivemos en Castelo, Culleredo, presentando esta nova serie de animación para a Televisión de Galicia. Xosé A. Touriñán, produtor do proxecto e dobrador de Xurxo, un dos protagonistas de Bechos, estivo acompañado de Alba Mancebo, do departamento de contidos dixitais da Televisión de Galicia, e de Laura Mahía, deseñadora e animadora da serie para contarlle á cativada os detalles deste proxecto.

Os nenos e nenas presentes tiveron a oportunidade de ver en primicia o primeiro capítulo de Bechos, que desde hoxe mesmo está dispoñible na canle de Youtube da Televisión de Galicia, na app do Xabarín e na web da CRTVG. Esta serie é unha aposta de Undodez e a TVG por ofrecer contidos en galego, producidos con equipos do país e centrados nos primeiros espectadores.

Bechos está pensada para cativos e cativas de 3 a 6 anos e conta as aventuras de catro amigos: Xurxo, Catuxa, Xiana e Margarida. Catro animaliños cos que aprender o valor da amizade, o respecto polo medio natural, a xestión das emocións ou a importancia de compartir e reciclar. Xosé A. Touriñán,  Laura Mahía, Laura Canto e Patricia Castrillón poñen voz a este grupo formado por un Xabarín preguiceiro e lambón, unha raposa espelida e argalleira, unha toupa refinada e orgullosa e unha vaca aventureira e prudente.

A serie está dirixida por Andrés Mahía, conta coa música de Santi Jul e Iván Laxe e os guións de Andrés Mahía, Saúl Rivas e Patricia Castrillón.

Portada » Caderno » Presentamos ‘Bechos’ no Castelo Conta!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.