Bechos

Animación·Ficción
Undodez para a Televisión de Galicia

Bechos

https://bechos.gal/

Bechos é a serie de animación para primeiros espectadores producida por Undodez para a Televisión de Galicia. Dirixida por Andrés e Laura Mahía sobre os deseños desta última, a serie achéganos, a través das aventuras de catro animaliños, valores como o respecto pola natureza, a necesidade de compartir e reciclar e a importancia da amizade.

Tras unha primeira temporada de estrea en 2023, Bechos lanzou en maio do 2025 a súa segunda temporada, sumando dez novos episodios que amplían o universo da serie con novos escenarios e situacións, mantendo os mesmos protagonistas: Xurxo, Xiana, Catuxa e Margarida. A proposta consolídase así como unha aposta continuada polos contidos infantís en galego, producidos en Galicia e pensados para as primeiras idades.

Coas voces de Xosé A. Touriñán, Marita Martínez ou Patricia Castrillón, entre outras actrices e actores, Bechos reafirma o compromiso da televisión pública cunha animación de calidade, próxima e educativa.

As dúas temporadas poden seguirse na canle de YouTube da Televisión de Galicia, na app do Xabarín e na web da CRTVG.

  • Produción
    Undodez para a Televisión de Galicia
  • Idea orixinal
    Sofía García e Saúl Rivas
  • Dirección
    Laura Mahía
  • Guión
    Andrés Mahía, Saúl Rivas e Patricia Castrillón
  • Directora de animación
    Laura Mahía
  • Animación
    Laura Mahía e David Plaza
  • Voces
    Patricia Castrillón, Laura Canto, Laura Mahía, Marita Martínez, Santi Jul e Xosé A. Touriñán
  • Montaxe
    Lucía Rodríguez Vaquero
  • Composición musical
    Iván Laxe
  • Dirección de produción
    Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
  • Xefa de produción
    Laura Canto
  • Comunicación e promoción
    Amara Fontao
  • Produción executiva
    Álvaro Pérez Becerra

Noticias relacionadas

 

  • Produción
    Undodez para a Televisión de Galicia
  • Idea orixinal
    Sofía García e Saúl Rivas
  • Dirección
    Laura Mahía
  • Guión
    Andrés Mahía, Saúl Rivas e Patricia Castrillón
  • Directora de animación
    Laura Mahía
  • Animación
    Laura Mahía e David Plaza
  • Voces
    Patricia Castrillón, Laura Canto, Laura Mahía, Marita Martínez, Santi Jul e Xosé A. Touriñán
  • Montaxe
    Lucía Rodríguez Vaquero
  • Composición musical
    Iván Laxe
  • Dirección de produción
    Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
  • Xefa de produción
    Laura Canto
  • Comunicación e promoción
    Amara Fontao
  • Produción executiva
    Álvaro Pérez Becerra