Nena

Nena

Nena é unha curtametraxe que nos achega unha realidade social e cultural coa que conviven moitas familias. Unha peza audiovisual que afonda na perpetuación dos roles de xénero na esfera privada, se cadra, máis notorios que na pública; sobre as consecuencias de eludir responsabilidades e sobre o valor do compromiso.

 

Esta curtametraxe supón o debut na dirección de Xosé A. Touriñán, quen tamén protagoniza esta peza xunto coa súa filla Antía, Carlos Blanco e David Perdomo. Unha historia que fala da perda e dos afectos desde o punto de vista dunha nena de 12 anos. Un relato que, se apoia na comedia para falarnos de traxedia. Unha contraposición de termos que emprega o humor como valor engadido, como un recurso máis no medio dunha aprendizaxe cotiá e sen limites, implícita no mero feito de vivir. Nena é un convite á reflexión crítica, mais tamén á posibilidade de facelo dun xeito humano e desdramatizado.

Noticias relacionadas














Produción

Undodez e Mordisco Films

Director

Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias

Produción executiva

Xosé A. Touriñán e Alberto Díaz

Guión

Xosé A. Touriñán

Intérpretes

Antía Touriñán, Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Andrés Touriñán, Sergio Zearreta, Andrés Mahía, Rubén Prieto, Octavio Villazala

Director de fotografía

Pedro Tizón

Director de arte

Tania Villaga

Montaxe

Vanessa García Sampedro

Música

Belem Tajes

Dirección de produción

Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa

Xefe de produción

Miguel Vázquez

Axudante de dirección

Isabel Escrigas

Son

Santi Jul

Maquillaxe e perruquería

Pilar Rodríguez

Vestiario

Raquel Iglesias

Cliente v2

Undodez e Mordisco Films

0