Seis oportunidades de ver ‘Nena’ antes de que acabe o ano

A curta protagoniza, xunto con 'A Rabia', un programa especial de cinema curto na provincia de Lugo. O Acceso ás sesións é libre e contará cun coloquio posterior con presenza de parte do equipo de ambas curtametraxes.
David Perdomo e Xosé A. Touriñán nunha escena de 'Nena'.

Desde a súa estrea, ‘Nena‘ non parou de participar en festivais por todo o mundo e gañar premios. A curta dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias estreouse oficialmente o pasado mes de agosto no marco do festival Castelo Conta, pero o seu percorrido polo circuíto de festivais comezou case co inicio deste 2023 que xa remata.

Agora, a curtametraxe poderá verse en seis municipios da provincia de Lugo nunhas sesións especiais organizadas pola Deputación de Lugo e Mordisco Films. Xunto con ‘Nena‘, o público poderá ver ‘A Rabia’, curtametraxe dirixida por Alberto Díaz e que conta coa participación de Xosé A. Touriñán.

  • 26 de decembro · Quiroga · Auditorio da Casa da Cultura
  • 27 de decembro · Barreiros · Centro Social de San Cosme
  • 28 de decembro · Valadouro · Casa da Cultura
  • 28 de decembro · Sarria · Sociedade La Unión
  • 29 de decembro · Taboada · Salón de Actos do Cuartel Vello
  • 30 de decembro · Pantón · Local Social San Fiz de Cangas

O acceso a todas as sesións é libre ata completar a capacidade dos recintos.

Portada » Caderno » Seis oportunidades de ver ‘Nena’ antes de que acabe o ano

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.