Amigos hasta la muerte

Amigos hasta la muerte

Javier Veiga debuta como director con esta longametraxe baseada na obra de teatro homónima escrita tamén por el. Protagonizada polo propio Javier, Marta Hazas e Mauricio Ochmann, conta a historia de María, Nacho e Suso, catro amigos que viviron xa, aos seus corenta anos, moitas cousas xuntos. Algunhas destas cousas uníronos moitos e outras separáronos. De súpeto, a vida fai que teñan que enfrontarse á morte anunciada dun deles por causa dunha enfermidade terminal. Pero antes, quedan moitos asuntos por pechar: plans, promesas, risas, reconciliacións, desculpas, lembranzas, máis risas, choros, risas doutra volta, temas pendentes e algún secreto que, pode ser, chegase a hora de contar.

 

O filme conta ademais coa participación de Luna Gallego, Nacho Nugo e Óscar Allo, que interpretan a María, Nacho e Suso cando tiñan só vinte anos, e algunas colaboracións de caras ben coñecidas polo público, como Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal, Fele Martínez ou o músico Xoel López.

 

Amigos hasta la muerte conta, para a súa produción entre Undodez e Medio Limón, co apoio da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións á atracción de rodaxes, dentro do programa Hub Audiovisual Industria Creativa por medio da Axencia Galega das Industrias Culturais, dotado co Fondo Feder da Unión Europea. Conta así mesmo co apoio da Deputación de Ourense e outras colaboracións e patrocinios de institucións públicas e empresas privadas.

Noticias relacionadas














Produción

Medio Limón e Undodez

Director

Javier Veiga

Produción executiva

Javier Veiga, Marta Hazas, Álvaro Pérez Becerra, Xosé Manuel Barreira

Guión

Javier Veiga

Intérpretes

Marta Hazas, Mauricio Ochmann, Javier Veiga, Luna Gallego, Nacho Nugo, Óscar Allo, Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal e Fele Martínez

Director de fotografía

Miguel P. Gilaberte

Director de arte

Juan Carlos Bilbao

Montaxe

Jani Madrileño

Música

Alfred Tapscott e Xoel López

Dirección de produción

Javi Lopa

Xefe de produción

Miguel Fernández

Maquillaxe

Carmen Porto

Perruquería

Pilar Rodríguez

Vestiario

Raquel Iglesias

Son

Xavi Souto

Cliente v2

Medio Limón, Onírica Films e Undodez

0