‘Amigos hasta la muerte’ foi a gran triunfadora do FICCCUE

O filme dirixido por Javier Veiga obtivo catro premios no festival celebrado a pasada semana en Cuenca.
Juanjo Artero entrégalle a Javier Veiga o premio á Mellor Dirección de Produción que recaeu en Javi Lopa. Foto: FICCCUE

O paso pola última edición do Festival Internacional de Cine de Comedia de Cuenca non puido ir mellor para ‘Amigos hasta la muerte’. O filme dirixido por Javier Veiga obtivo catro premios nunha gala celebrada o sábado 18 no Teatro Auditorio José Luis Perales da capital conquense.

Nesta segunda edición do certame, Javier Veiga obtivo o premio a Mellor Dirección e a Mellor Actor, Xoel López o premio a Mellor Canción Orixinal por Eco, e Javi Lopa o premio a Mellor Dirección de Produción. Javier Veiga e Marta Hazas foron os encargados de recoller os premios en nome do equipo.

O filme, foi un gran éxito no seu lanzamento en plataformas en América Latina e en toda España, despois de ser presentada oficialmente no pasado Festival de Málaga e obter varios premios en Tudela, Alacante ou Santander.

Portada » Caderno » ‘Amigos hasta la muerte’ foi a gran triunfadora do FICCCUE

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.