Ourense acolle a preestrea galega de ‘Amigos hasta la muerte’

Trala súa preestrea no Festival de Cine de Málaga, o filme fai  parada galega na cidade das Burgas, escenario principal da rodaxe. Trátase da primeira longametraxe escrita e dirixida por Javier Veiga e está protagonizada por Marta Hazas, Mauricio Ochmann e o propio Veiga.

O Teatro Principal de Ourense acolle o martes28 de marzo a preestrea galega do filme Amigos hasta la muerte. O debut de Javier Veiga na dirección dunha longametraxe chega a Galicia logo do seu paso polo Festival de Málaga. A película poderá verse por primeira vez en Galicia na cidade das Burgas, unha das súas localizacións principais, nun pase ao que acudirán o director, membros do elenco como Marta Hazas, David Amor ou Xosé A. Touriñán e representantes das institucións e empresas que colaboraron nesta produción. Despois desta premiere, o filme chegará aos cines de toda España.

Protagonizado polo propio Javier Veiga, Marta Hazas e Mauricio Ochmann, Amigos hasta la muerte conta a historia de María, Nacho e Suso, tres amigos de toda a vida. Xuntos compartiron moitas cousas, quizais incluso demasiadas… E, de repente, a dous deles vailles tocar compartir o secreto de que o outro vai morrer. Pero antes quédalles moito por facer: plans, promesas, reproches, risas, reconciliacións, lembranzas, máis risas, algunha bágoa… e algo pendente que quizais chegou a hora de destapar. Os tres van descubrir o pouco que importan agora as cousas que parecían importantes.

O filme conta ademais coa participación de Luna Gallego, Nacho Nugo e Óscar Allo, que interpretan a María, Nacho e Suso cando tiñan só vinte anos, e actores galegos como Xosé A. Touriñán, David Amor, Ledicia Sola, Mela Casal ou o músico Xoel López.

Galicia como escenario

A rodaxe de Amigos hasta la muerte, coprodución internacional de Medio Limón, Undodez e Onírica Films, tivo lugar durante o verán de 2022 na cidade de Ourense e a súa contorna, O Grove, Santiago de Compostela e diferentes puntos do Camiño de Santiago. A súa produción contou cun equipo técnico formado na súa maioría por profesionais galegos.

Amigos hasta la muerte contou para a súa produción co apoio da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións á atracción de rodaxes, dentro do programa Hub Audiovisual Industria Creativa por medio da Axencia Galega das Industrias Culturais, dotado co Fondo Feder da Unión Europea. Tamén recibiu o apoio da Deputación de Ourense, Turismo de Galicia, Televisión de Galicia, ABANCA e outras colaboracións e patrocinios de institucións públicas e empresas privadas.

Portada » Caderno » Ourense acolle a preestrea galega de ‘Amigos hasta la muerte’

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.