Undodez participa en Lille no Series Mania Forum

O equipo da produtora estivo nun dos mercados de contidos de ficción máis relevantes en Europa presentando os proxectos 'Mar de Fóra' e 'Lola, Porco & Paco' a distintas produtoras e canles.
A delegación galega o Series Mania Forum, en Lille. Foto: Cluster Audiovisual Galego

A cidade francesa de Lille acolleu a finais de marzo un dos grandes mercados europeos de contidos audiovisuais de ficción, o Series Mania Forum. Tres produtoras galegas, entre elas Undodez, estiveron presentes no evento como parte da delegación do Clúster Audiovisual Galego.

O equipo de Undodez puido presentar a distintas produtoras e canles dous proxectos de ficción, un deles de imaxe real, Mar de Fóra, e outro de animación para adultos, Lola, Porco & Paco. No primeiro dos casos trátase dunha comedia ambientada na Costa da Morte que introduce unha nova perspectiva nas series sobre narcotráfico no noso país, creada por Xosé Castro, Andrés Mahía e Xosé A. Touriñán. En canto á serie de animación, trátase dun dos proxectos que obtivo a maior puntuación nas axudas a desenvolvemento de proxectos da Xunta de Galicia do pasado ano; unha comedia para adultos que pretende observar a sociedade actual cunha mirada transgresora, orixinal e crítica.

Portada » Caderno » Undodez participa en Lille no Series Mania Forum

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.