Os últimos quince episodios de Bibopalula chegan a Xabarín.gal

A primeira temporada da serie musical de debuxos en galego completa o seu lanzamento esta semana.
Robin, Merli, Carpin e Pegui son os protagonistas de Bibopalula.

Bibopalula chega á recta final da súa primeira temporada. Xabarín.gal estrea este venres as quince últimas entregas da serie, completando os cincuenta e cinco capítulos das aventuras da Banda do Bosque.

Os novos capítulos permitirán ás máis pequenas e pequenos coñecer novos pesonaxes e desfrutar de máis cancións. Robin, Carpin, Merli e Pegui enfrontaranse desta vez a enigmas como unha cova que fala, a volta do Titanic ao bosque, ou a busca da canción favorita do Señor Moucho. Tamén vivirán momentos emotivos, como a despedida das andoriñas rumbo a África. No último episodio todos os paxaros tentarán compoñer unha canción xuntos.

Bibopalula converteuse desde o pasado 29 de novembro no contido máis visto da plataforma de contidos de entretemento infantil da Televisión de Galicia, Xabarín.gal. A serie, producida por Undodez e creada por Andrés Mahía e Laura Mahía, chegou xa a milleiros de cativas e cativos grazas a unha completa campaña de promoción con accións de publicidade exterior, prensa, radio ou a participación dos seus protagonistas en eventos como o Culturgal, partidos do Deportivo e o Celta, ou a cabalgata dos Reis Magos da Coruña, así como diferentes centros educativos.

En paralelo á emisión da serie en Xabarin.gal, Bibopalula estreou o seu primeiro libro infantil, unha colección de roupa, e publicou todas as cancións da Banda do Bosque en YouTube e nas principais plataformas de audio. Nas pasadas semanas, parte do equipo de Bibopalula asistiu en San Diego (California) a un dos principais mercados de contidos de animación, onde distintas distribuidoras e canles de todo o mundo amosaron o seu interese pola serie.

Portada » Caderno » Os últimos quince episodios de Bibopalula chegan a Xabarín.gal

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.