As producións de Undodez foron recoñecidas na gala celebrada en Lugo o pasado sábado, nunha edición marcada pola forza do audiovisual galego.
‘Bibopalula’ é unha serie musical deseñada para ver múltiples veces por espectadores primeirizos, de ata catro anos. Colorida, divertida e ambientada nun bosque amable, ‘Bibopalula’ componse de historias de cinco minutos protagonizadas por paxaros que teñen un grupo musical e nas que a natureza -e os seus ciclos- ocupa sempre un lugar principal.
Protagonizada pola pega Pegui, o merlo Merli, o paporrubio Robin e o peto Carpin, a serie busca achegar a vida natural próxima a nós ás nenas e nenos que se achegan por vez primeira ao audiovisual.
Noticias relacionadas
‘Bibopalula’ e ‘Pipo’, finalistas no Celtic Media Festival 2026
As dúas producións de Undodez compiten na categoría Children’s Programme (Screen) dun dos festivais audiovisuais máis relevantes das nacións celtas. A gala celebrarase en Belfast.
‘Bibopalula’ e ‘Pipo’ reciben dous premios especiais nos XXIV Premios Mestre Mateo
As series de animación producidas por Undodez foron recoñecidas no encontro de finalistas celebrado en Lugo. Bibopalula obtivo o Premio ABANCA ao impulso da sostibilidade e Pipo o Premio Deleite á promoción da lingua.
Bibopalula e as súas cancións, finalistas nos XXIV Premios Mestre Mateo
A serie musical infantil producida por Undodez para a TVG compite nas categorías de Mellor Serie de Televisión e Mellor Música orixinal, consolidando o percorrido dunha proposta pioneira na animación en galego.
‘Ao son da nova regueifa’, ‘Pipo’, ‘Bibopalula’ e ‘Bechos’, finalistas nos XXIV Premios Mestre Mateo
Sumamos sete candidaturas finalistas na vixésimo cuarta edición dos premios do audiovisual galego, con presenza nas categorías de documental, serie, serie web, música orixinal e anuncio publicitario.
Undodez presenta sete producións aos XXIV Premios Mestre Mateo
Participamos nesta edición dos Premios Mestre Mateo con proxectos candidatos nas categorías de documental, animación, serie, videoclip, e anuncio nun ano de récord para o audiovisual galego.





