Na Gloria

Ficción
TEX45 e Undodez para a Televisión de Galicia

Na Gloria

A vida na Gloria, unha pequena localidade ao pé do Camiño Francés, altérase cando Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida establecéndose alí. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado aos peregrinos que busquen o equilibrio interior e o crecemento espiritual. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional.

A Gloria de Arriba sempre foi o lugar máxico dos veráns da súa infancia, o sitio no que a natureza e a vida pausada da xente enchían de sentido a existencia. Agora Pati quere recuperar esas sensacións e compartilas con todos os camiñantes que busquen descanso no seu idílico oasis de paz. Pero non vai tardar en descubrir que os cálidos días de verán non duran todo o ano, que o camiño espiritual dos peregrinos ten ben pouco de espiritual, que Bertín non só é estrito co veganismo e, sobre todo, que a convivencia coas xentes sabias e pausadas do rural é máis estresante que a do competitivo mundo dos negocios ao que acaba de renunciar.

O inferno que atopará Pati en A Gloria ten caras e nomes: señoras que o queren saber todo, habituais da taberna que presumen de sabelo todo, un matrimonio interesado e argallador (Paca e Waldo), un vello revirado e supostamente inválido e, por riba de todos, Lolo, un brután que a fai tolear en todos os sentidos, para ben e para mal, para a súa desgraza e felicidade.

  • Dirección
    Andrés Mahía
  • Guión
    Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro
  • Actores
    Cristina Castaño, Xosé A. Touriñán, Lucía Veiga, David Perdomo, Dani Rovira, Ana Santos, María Costas e Víctor Mosqueira
  • Realizador
    Jairo Iglesias
  • Produción executiva
    Xosé A. Touriñán, Manuel López Cernadas e Álvaro Pérez Becerra
  • Dirección de produción
    Javi Lopa
  • Xefe de produción
    Miguel Vázquez
  • Dirección de fotografía
    Pedro Tizón
  • Dirección de arte
    Tania Villaga
  • Son
    Santi Jul e Iván Laxe
  • Maquillaxe
    Susana Veiras
  • Peiteados
    Bea Antelo
  • Vestiario
    Ana López
  • Montaxe
    Vanessa García Sampedro
  • Axudante de dirección
    Isabel Escrigas
  • Fotografía
    Aigi Boga

Noticias relacionadas

  • Dirección
    Andrés Mahía
  • Guión
    Xosé A. Touriñán, Andrés Mahía e Xosé Castro
  • Actores
    Cristina Castaño, Xosé A. Touriñán, Lucía Veiga, David Perdomo, Dani Rovira, Ana Santos, María Costas e Víctor Mosqueira
  • Realizador
    Jairo Iglesias
  • Produción executiva
    Xosé A. Touriñán, Manuel López Cernadas e Álvaro Pérez Becerra
  • Dirección de produción
    Javi Lopa
  • Xefe de produción
    Miguel Vázquez
  • Dirección de fotografía
    Pedro Tizón
  • Dirección de arte
    Tania Villaga
  • Son
    Santi Jul e Iván Laxe
  • Maquillaxe
    Susana Veiras
  • Peiteados
    Bea Antelo
  • Vestiario
    Ana López
  • Montaxe
    Vanessa García Sampedro
  • Axudante de dirección
    Isabel Escrigas
  • Fotografía
    Aigi Boga