Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos.
O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos.
Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?
A serie continúa cunha segunda tempada na que Berta e Pipo viven novas aventuras mentres o pequeno extraterrestre segue tentando comprender como funciona o mundo dos humanos. A escola, os xogos, a música, as tradicións ou mesmo a intelixencia artificial serán algunhas das situacións coas que se atope Pipo, sempre coa súa particular maneira de mirar e entender o que acontece ao seu redor.