Todo comeza cunha busca, a da Nova Regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a Regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.
Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversiadade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…
A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.
Premios e Festivais
- Selección na V Muestra de Cine Documental Musical de Gijón 2026
- Selección no Certame Semana de Cine de Lugo 2026
- Selección no Slemani International Film Festival 2026
Proxeccións
- 19/10/2026 – Outono das artes – Rois – Auditorio Municipal. 16.50h
- 20/10/2026 – Outono das artes – Fene – IES de Fene. 16.30h
- 23/10/2026 – Outono das artes – Carnota – Auditorio Municipal do Campo do Viso. 21.00h
- 23/10/2026 – Outono das artes – Moeche – Sala de exposicións do Castelo de Moeche. 20.00h
- 24/10/2026 – San Sadurniño – Ciclo Mestre Mateo
- 24/10/2026 – Outono das artes – Porto do Son – Casa da Cultura. 20.00h
- 25/10/2026 – Outono das artes – Mazaricos – Casa da Cultura. 17.00h
- 26/10/2026 – Outono das artes – Ribeira – Centro Cultural Lustres Rivas. 16.15h
- 27/10/2026 – Outono das artes – Cabana de Bergantiños – CPI As Revoltas. 16.15h
- 30/10/2026 – Outono das artes – Abegondo – Local Social de Montouto. 20.00h
- 30/10/2026 – Outono das artes – Lousame- Casa da Cultura. 21.00h
- 4/11/2026 – Outono das artes – Coristanco – Casa da Cultura. 11.00h
- 11/11/2026 – Outono das artes – Cee – Casa da Cultura. 11.00h
- 13/11/2026 – Outono das artes – Coirós – Centro Social de Coirós. 19.00h
- 13/11/2026 – Outono das artes – Malpica de Bergantiños – Centro Cívico. 20.00h
- 22/11/2026 – Outono das artes – Corcubión – Casa da Cultura. 18.00h
- 27/11/2026 – Outono das artes – Muros – Centro Cultural e Xuvenil. 20.30h
- 29/11/2026 – Outono das artes – Outes – Casa da Cultura. 19.00h
- 4/12/2026 – Outono das artes – Brión – Centro Social Polivalente. 20.00h